Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 1 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o proxecto do novo parque infantil de Galeras.

11.30 h
No SALÓN AMARELO, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a obra de teatro Té con Kant, dentro dos actos con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo). Na rolda tamén estará a actriz Marta Pérez, de Inversa Teatro. (NOTA: Para esta rolda os medios necesitarán traer micro).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e da artista María Maquieira, para presentar a exposición e a mesa redonda que terán lugar pola tarde na Fundación Granell, dentro dos actos con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, e do director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, para presentar as bases da X edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

18.00 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á mesa redonda "Mulleres con diversidade funcional: desigualdades de xénero" e á inauguración da exposición da artista María Maquieira.

FESTAS DO ENTROIDO 2017

20.00 h. ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Entroido desde a praza do Toural ata a Praza Roxa facendo o percorrido seguinte: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na Praza Roxa.
Coa participación da comparsa A RULIÑA de Laraño (Prégase aos acompañantes vistan de rigoroso loito para a ocasión).

21.00 h. QUEIMA DO MECO e animación a cargo de NI FÚ NI FÁ
Acompañamento: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
Praza Roxa.

Compartir: