Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘West side story’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música e Viravolta Títeres.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, para presentar o Protocolo de actuación para a prevención de desafiuzamentos e a atención das persoas afectadas nos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo. Na rolda tamén estarán Luisa Feijoo, concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Ames; Xosé Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar, Igualdade, Xuventude e Participación Veciñal do Concello de Teo; Gonzalo Saborido, vicepresidente do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e María Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar as Festas do Entroido 2017.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, conversando con Joan Enric Lluna, previo ao concerto que a Real Filharmonía de Galicia ofrece ás 20.30 h e que el dirixe.

20.00 h
No Salón de Actos da Cámara de Comercio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dará unha conferencia baixo o título "A Compostela desexada, un proxecto de cidade en común".

20.00 h
Na Fundación Granell, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á inauguración da exposición "O corazón do barro" que conmemora o 40 aniversario da creación do Museo do Pobo Galego.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Pograma de Abono. Con Joan Enric Lluna como director e clarinete, interpretarán obras de von Weber, Zebeijan e Dvorak.

20.30 h
No Teatro Principal, ButacaZero e Eme2 presentan ‘Voaxa e Carmín’ con Mabel Rivera e Belén Constenla como As Marías cun texto de Esther F. Carrodeguas. Dentro da programación de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural.

Compartir: