Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de febreiro

11.00 h
Na sede de Cáritas Interparroquial (rúa do Hospitaliño), a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao acto de entrega dos diplomas dos cursos de formación de Cáritas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do director de Luzes, Xosé Manuel Pereiro, para presentar a homenaxe a Fermín Bouza Álvarez, "Somos ferministas".

17.00 h e 18.00 h
No CSC do Ensanche, dentro do APEGO, Contos de inverno con Celtia Figueiras: Para seguir o ciclo da natureza e comprender a estación que estamos vivindo. De 3 a 6 anos.

19.30 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presenta o libro de fotografías de Chema Ríos Torre "Santiago invisible". Na presentación tamén estará o autor; o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

20.30 h
No Teatro Principal, ButacaZero e Eme2 presentan ‘Voaxa e Carmín’ con Mabel Rivera e Belén Constenla como As Marías cun texto de Esther F. Carredeguas. Dentro da programación de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural.

Compartir: