Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, o Mago Teto presenta ‘A maxia dos afiadores’, dentro do programa didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Vermello, ROLDA DE PRENSA de presentación do entroido dos Xenerais da Ulla. Asistentes:
- Alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
- Concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois.
- Alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo
- Alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín
- Alcalde de Touro, Ignacio Codesido
- Concelleira de Transportes, Comercio, Turismo e Emprego de Teo, Conchi García Vázquez
- Alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela
- Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña
- Concelleiro de Medio Rural da Estrada, Juan Manuel Constenla.
Tamén asistirán catro xenerais, que farán un atranque ao remate do acto.

20.30 h
No Teatro Principal, faladoiro arredor da historia de Maruxa e Coralia Fandiño, ‘As Marías’, con motivo da obra tetaral ‘Voaxa e Carmín’ que poderemos ver no Taetro de mércores a sábado. Participan as actrices protagonistas, Mabel Rivera e Belén Constenla; a autora do texto, Esther F. Carredeguas; Encarna Otero e Xosé Luís Bernal, ‘Farruco’.

Compartir: