Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 4 de febreiro

11.00 h
Na praza de Abastos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita, xunto co xefe do Servizo de Oncoloxía do CHUS, Rafael López, o punto informativo da campaña de micromecenado para conseguir fondos destinados a avanzar na investigación da biopsia líquida, con motivo do Día Mundial do Cancro.

12.00 h
No CSC da Rocha o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da VIII exposición da Camelia.

16.30 h
No Pavillón do Restollal, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios da Copa de España de Judo infantil 2017.

Compartir: