Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 26 de febreiro

12.00 h
No Teatro Principal, ‘A guerra do golfo…(Tormenta no deserto)’, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño.

18.00 h
No Centro Sociocultural da Enfesta, o grupo de teatro Chévere leva as súas Fillas bravas a esta parroquia compostelá. Un achegamento ao teatro dende a perspectiva de xénero que no mes de marzo estará tamén presente noutras parroquias de Compostela. Asiste a concelleira de Igualdade, Marta Lois.

FESTAS DO ENTROIDO 2017

A partires das 10.30 h. e durante toda a mañá animación de rúa a cargo da comparsa OS CONFORMISTAS de Conxo acompañados pola charanga OS ATREVIDOS co seguinte percorrido: Centro de maiores de Conxo, Sanatorio psiquiatrico de Conxo, rúas de Sanchez Freire-García Prieto-Cornes-Praza Roxa-República do Salvador-Xeneral Pardiñas-Alameda-Praza do Toural- Rúa Nova- Rúa do Vilar-Praterías-Raíña e Franco.

12.30 h. Espectáculo de títeres AS XENERALAS DA ULLA de Títeres Cachirulo.
Autora e dirección: Carmen Domech.
Manipuladoras: Carmen Domech, Beatriz Insua, Merche Luaces e Ana
García.
Cabalos: Chris Geris (Plansjet) e Carmen Domech.
Títeres: Carmen Domech.
Carros: Titereluis.
Praza do Toural.

17.00 h. FESTIVAL INFANTIL DE DISFRACES. Animación a cargo
de NI FÚ NI FÁ.
Sala Capitol. Entrada libre. (participantes ata 14 anos). (Inscricións para o concurso de 16.30 a 17.45 h.).

18.00 h. Animación, baile discoteca, premios, concurso de disfraces, sorteo de agasallos, entrega de bolsas-cotillón...

PREMIOS:
Grupo (mínimo 3 persoas):
1º.- 200 euros
2º.- 150 euros
3º.- 100 euros
Parella:
1º.- Dúas tablets
2º.- Dous lotes de libros
3º.- Dous xoguetes
Individual:
1º.- Unha tablet
2º.- Un lote de libros
3º.- Un xoguete
4º e 5º.- Tarxetas agasallo

Compartir: