Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de febreiro

9.00 h
No Salón de Actos da Facultade de Medicina da USC, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do VIII Workshop organizado pola Sociedade Española de Probióticos e Prebióticos.

10.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presiden a Xunta local de seguridade. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate no Salón Vermello (11.00, aprox).

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Alameda (estatua de Rosalía), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de homenaxe a Rosalía de Castro organizado pola Deputación da Coruña.

19.30 h
Na Fundación Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, preside o acto de presentación do libro "La Banda Municipal de Santiago. Música en las compostelanas rúas desde 1848", editado polo Consorcio de Santiago e Andavira Editora. Na rolda tamén estarán Beatriz Cancela, musicóloga e autora da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Lucila Ventoso, directora de Andavira Editora.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, Laurent Blaiteau e José Vicente Faus, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixido por Paul Daniel.

Compartir: