Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 22 de febreiro

10.00 e 12.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta), Pesdelán presenta ‘Entroidanzas’, dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a exposición ELAS e o libro que leva o mesmo nome, no marco da campaña do 8 de marzo. Na rolda estarán Xosé Manuel Calviño, editor de A xanela Editorial e a escritoria Aurora Marco.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o proxecto "Descarbonízate!, que non é pouco", xunto con Miguel Pardellas e Lucía Iglesias da Cunha, do grupo de investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

Compartir: