Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 21 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Pesdelán presenta ‘Entroidanzas’, dentro do Programa Didáctico da Concellaría de Acción Cultural.

10.30 h
No Salón Verde, Comisión de seguimento da nova EDAR.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o novo módulo de cita previa para servizos sociais.

19.30 h
Na Galería Sargadelos (Rúa Nova 16), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de homenaxe a Rosalía de Castro e a Narf e inaugura a exposición formada polas creacións de Pepe Barro, Fausto Isorna, Alvaro de la Vega, Manolo Figueiras e Xurxo Alonso para a colección de poemas ilustrados de Rosalía.

Compartir: