Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 18 de febreiro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal do concello para o ano 2017.
2. Aprobación de expediente de modificación orzamentaria en relación á incorporación de remanentes co número de expediente 2017-INCOR-O1.

12.00 h
No CIAC (Belvís), Obradoiro de Compostaxe, para coñecer unha alternativa ecolóxica para o tratamento dos residuos orgánicos da casa, os restos das podas, horta e xardíns. A actividade está dirixida a todos os públicos. É de balde pero é preciso inscribirse.

16.00 h
No pavillón das Fontiñas, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ás probas de niveis de patinaxe artística.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste presenta ‘Estado de graza’, de Eduardo Alonso. Con Luma Gómez, Imma António, Manuela Varela e Nini True.

Compartir: