Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, a Gallaecia Big Band presenta ‘Gallaecia Gallaeciños’, dentro da Programación Didáctica.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira María Rozas presenta o acto de homenaxe a Narf e a Rosalía, que terá lugar o 22 de febreiro. Tamén estarán os ilustradores Fausto Isorna e Xurxo Alonso.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación se procede da acta correspondente á sesión ordinaria do día 21 de xullo de 2016 (acta núm. 12/16).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM e do plan especial do Campus Universitario (PE-8) no ámbito do equipamento universitario EU-2. Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.
4. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan de sectorización do solo urbanizable non programado número 25 (SUNP-25). Roxos.
5. Proposta da Alcaldía de adhesión do Concello de Santiago á Asociación de Concellos para a promoción do desenvolvemento do Camiño Inglés e aprobación dos estatutos para a constitución e funcionamento da mesma.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre adopción de medidas para evitar os perigos e molestias das propiedades urbanas abandonadas.
7. Proposición do grupo municipal Socialista, relativa ao proxecto de execución da variante de Aradas.
8. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para instalar pasos de peóns intelixentes que incrementen a seguridade.
9. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa á conversión da vella terminal de Lavacolla nun espazo de utilidade de uso público.
10. Dar conta de Sentenza 590/2016 (PO 8/16).
11. Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas.
12. Solicitude do grupo municipal do Partido Popular de comparecencia do concelleiro de espazos cidadáns, dereito á vivenda e mobilidade.
13. Comparecencia do Alcalde, acordada na sesión plenaria ordinaria do día 19 de xaneiro de 2017.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste presenta ‘Estado de graza’, de Eduardo Alonso. Con Luma Gómez, Imma António, Manuela Varela e Nini True.

Compartir: