Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 15 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, a Gallaecia Big Band presenta ‘Galalecia Gallaeciños’, dentro da Programación Didáctica.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asina o protocolo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela, para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela.

11.30 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste á rolda de presentación da V edición do Festival internacional de narración oral, Atlántica. Á rolda asisten tamén José Manuel Sande, concelleiro de Cultura da Coruña; Lara Rodríguez, concelleira de Cultura de Lalín; Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura de Ferrol; Marta Souto, do SNL do Concello de Vigo; Lucía Mosquera, técnica de Cultura do Concello de Teo; Rosa M. Díaz, directora da Biblioteca Pública de Ouense; e Soledad Felloza, directora do festival.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o programa de actividades do Centro Xove da Almáciga para o primeiro trimestre do ano.

14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños do Casco Histórico.

20.30 h
No Teatro Principal, Abe Rábade Trío presenta o seu novo disco, ‘Once’.

Compartir: