Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de xaneiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Elefante elegante presenta Kassa, dentro da Programación Didáctica.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar os obradoiros arredor do libro Aula sen paredes. Na rolda tamén estará a autora, Rosalía Fernández, e o editor, Paco Macías.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio polas mulleres asasinadas estes días en Seseña (Toledo), Huercal (Almería) e Daimiel (Ciudad Real), vítimas da violencia de xénero.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a última fase da ITTF European Championships Qualification (Liga Europea de nacións masculina e feminina) de Tenis de Mesa. Na rolda estarán o presidente de ARTEAL Tenis de Mesa e vicepresidente da Real Federación Española de Tenis de Mesa, José Alborés, e unha das xogadoras do ARTEAL e membro da selección española, Raquel Bonilla.

12.30 h
Na Sala de Prensa do Concello, declaracións aos medios do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela.

Compartir: