Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 13 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal do BNG Rubén Cela e Goretti Sanmartín.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Elefante elegante presenta ‘Kassa’, dentro da Programación Didáctica.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar Encontros ao Vivo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Marta Lois; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e Eduardo Alonso e Luma Gómez, de Teatro do Noroeste; para presentar as actividades que se celebrarán no Teatro Principal con motivo do 30 aniversario da compañía: a representación da obra ‘Estado de graza’ e a presentación dun libro conmemorativo.

17.00 h
En Madrid (Ministerio de Fomento), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Comisión de seguimento sobre a estación intermodal.

Compartir: