Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA para presentar a iniciativa que se poderá escoitar nas rúas da cidade a semana que vén con motivo do Día Mundial da Radio. Na rolda intervirán os xornalistas das radios participantes que habitualmente cobren a actualidade municipal. O alcalde e os concelleiros Xan Duro, María Corral, Gonzalo Muíños e Rubén Cela serán os encargados, nesta ocasión, de facer as preguntas (xunto cos demais medios de comunicación).

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘West side story’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música e Viravolta Títeres.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

15.00 h
Na Coruña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Conferencia de Cidades do Arco Atlántico.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Descubre unha orquestra para ti, a túa!’, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Joan Enric Lluna, director e clarinete.

20.30 h
No Teatro Principal, ButacaZero e Eme2 presentan ‘Voaxa e Carmín’ con Mabel Rivera e Belén Constenla como As Marías cun texto de Esther F. Carredeguas. Dentro da programación de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural.

Compartir: