Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de novembro

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Ás 11.00 h fará declaracións aos medios.

10.00 h
No Parlamento Europeo, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o resto da delegación galega de "En negro contra as violencias" reúnense con eurodeputadas e eurodeputados da Comisión de Igualdade do Parlamento Europeo para presentar a campaña e o Pacto Social Municipal contra as violencias de xénero. Ás 11.30 h, na explanada de diante do Parlamento, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, participa na acción de rúa con materiais da campaña e na rolda de prensa posterior.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, sesión de vídeos Feminismos, muller e traballo, proxección dunha selección de filmes de Claudia Brenlla, Xisela Franco, Uqui Permui, e Xoán Anleo, no marco da exposición Alén dos xéneros.

20.00 h
No Teatro Principal, cerimonia de apertura do festival Cineuropa, coa presenza de Martiño Noriega, alcalde de Santiago, Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e José Luis Losa, director do festival. A cerimonia inclúe a proxección do filme La Villa (Dir. Robert Guédiguian). De balde previa retirada de invitación.

FESTIVAL CINEUROPA

Compartir: