Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 4 de novembro

12.30 h
Na Praza da Quintana, a artista Rita Rodríguez inicia unha performance encadrada no Ciclo Alén dos Xéneros sobre os roles de xénero, a violencia machista e o corpo da muller artista. Percorrerá varios espazos ata regresar ao Auditorio de Galicia.

17.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Deporte, Noa Morales, dá o pistoletazo de saída da terceira proba do VI Circuíto de Carreiras Saudables Corresan "A ruta dos parques".

18.30 h
Na Sala Agustín Magán do CSC Santa Marta, Baila un vestido verde, da Cía Transpediante, un espectáculo de danza que xoga e convida a xogar ao público miúdo. Entradas a 3 euros. Bono (4 entradas): 10 euros.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, representación de O ciclista utópico, de Alberto de Casso. Fran Perea e Fernando Soto protagonizan esta inquietante obra que dirixe Yayo Cáceres. Prezo das entradas: 16 euros.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto da formación Zoar no marco das Xornadas de Música Contemporánea. Entrada de balde.

21.00 h
No polideportivo de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste a entrega de premios do Club Patinaxe Compostela.

Compartir: