Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de novembro

11.00 h
Na sede do Consorio (rúa do Vilar, 59), o alcalde de Santiago e presidente da entidade, Martiño Noriega, asina un convenio cos herdeiros do fotógrafo compostelán Ramón Sánchez Estalote para a custodia dos seus fondos. Asisten: Ana Mª Sánchez Pardo, sobriña de Ramón Sánchez Estalote, en representación dos seus herdeiros; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de exposicións e publicacións.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela; da voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda; e de membros da plataforma de veciños afectados polo vertedoiro de Miramontes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de Martiño Noriega, alcalde de Santiago, para a presentación do Premio Cineuropa ao actor Leonardo Sbaraglia. Participan: Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; José Luis Losa, director do festival; e Leonardo Sbaraglia.

12.00 h
Na praza do Toural, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste ao acto con motivo do Día Mundial da Diabetes.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a cerimonia de entrega do premio Cineuropa a Leonardo Sbaraglia.

Compartir: