Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 12 de novembro

12.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o II Fórum do Camiño de Santiago Fairway.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto A familia do Vurdalak . A Banda Municipal de Música de Santiago e a narradora Paula Carballeira, ofrecen este espectáculo baseado no conto homónimo de Tolstoi. Acceso libre até completar aforo.

12.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela. Mario Diz dirixe á formación nun concerto que toma como eixo temático a obra Pedro e o lobo e no que conta coa presenza do narrador, Pablo Sampedro. Acceso de balde até completar aforo.

13.15 h
En San Lázaro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios do XVII Trofeo de Ciclocross Concello de Santiago.

Compartir: