Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de novembro

10.00 h
No Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, inaugura II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar.
Programa: http://santiagodecompostela.gal/senfogarismo2017/

10.30 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dá a benvida aos participantes na II Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago. SÓ GRÁFICOS.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, ROLDA DE PRENSA con motivo da II Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago. Asisten:
- Martiño Noriega, alcalde de Santiago e vogal permanente da AMCS
- Antonio Silván Rodríguez, alcalde de León e presidente da AMCS
- Juan Manuel Ramón Ipas, alcalde de Jaca e secretario da AMCS
- Arsenio García Fuertes, alcalde de Astorga e vogal da AMCS

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o ciclo de concertos #CapitalBlues. Participa Antonio Borrazás, director de programación da Sala Capitol.

13.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participa no X Congreso Internacional de Estudos Xacobeos.

13.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de clausura da II Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

14.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes na II Asemblea Xeral de Asociacións de Municipios do Camiño de Santiago.

20.00 h
En Casas Reais, fronte á Capela das Ánimas, performance Ardo si ela arde, acción da artista Neves Seara no marco da exposición Alén dos xéneros. Acceso libre.

20.30 h
No CGAC, concerto do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) no marco das Xornadas de Música Contemporánea. A formación galega, dirixida por Diego García, presenta Inger mi calidces, escrita por encargo para esta ocasión polo compositor Fernando Buide. Acceso de balde ate completar aforo.

Compartir: