Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de xaneiro

11.00 h
No Cemiterio de Boisaca, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á Ofrenda Floral na honra de Ramón María del Valle-Inclán.

11.00 h
Na Escola Infantil Municipal de Salgueiriños, Contos tradicionais.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ensaio xeral aberto ao público da Real Filharmonía de Galicia, previo ao concerto que darán esta noite.

12.00h
Minuto de silencio pola muller asasinada en Hortaleza (Madrid), o pasado 1 de xaneiro, confirmado hoxe que foi vítima de violencia de xénero.

13.00 h
Na rúa Carreira do Conde, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visita o Mercado de Nadal.

21.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Pedro Neves. Dentro do Programa de Abono.

CABALGATA DOS REIS MAGOS
17.25 h
Chegada dos Reis Magos á estación do tren, onde serán recibidos por músicos e paxes. A continuación, percorrido polas rúas de Santiago: rúa Santiago de Chile - Frei Rosendo Salvado - Praza Roxa - República do Salvador - Hórreo - Praza de Galicia - Rúa da Senra - Porta Faxeira - Rúa do Vilar - Xelmírez - Praza das Praterías - Entrada Obradoiro.
19.30 h (aprox.)
Chegada á praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde, a Corporación municipal e a Banda Municipal de Música. A continuación, os Reis Magos saúdan os nenos e nenas dende o balcón.
20.00 h (aprox.)
Recepción dos Reis Magos a todos os nenos e nenas no Salón Nobre do Pazo de Raxoi. Comezo do espectáculo de acrobacias, luces e videomapping na praza do Obradoiro.

Compartir: