Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de xaneiro

11.00 h
No recinto feiral de Amio, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visita o parque infantil de tráfico instalado pola Policía Local.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Piero Lombardi. Participan os bailaríns e bailarinas do Espazo de Danza da USC e ten como narrador-actor a Carlos Hermida.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois para presentar unha moción.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a campaña de Esquí 2017 organizada pola Deputación da Coruña.

16.30 h
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación se procede das actas correspondentes ás sesións extraordinarias do 30 de novembro de 2016 (núms. 19 e 20).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Aprobación inicial da modificación puntual da ordenanza especial OE-5 Galeras do PXOM, no ámbito do antigo hospital.
4. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre medidas para actualizar o inventario de fontes públicas, planificar a súa recuperación e elaborar unha ordenanza sobre a xestión e o uso eficiente da auga.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a elaboración dun plan de sendas peonís no territorio municipal.
6. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a mellorar os futuros procedementos de contratación de iluminación de festas.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, para avaliar a idoneidade da creación dunha zona franca-polígono loxístico vencellada ao aeroporto de Lavacolla.
8. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a cobrarlles ás empresas eléctricas as taxas correspondentes a utilización de solo de dominio público nos tendidos de baixa, media ou alta tensión.
9. Dar conta de comparecencias, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
10. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
11. Solicitude do grupo municipal Socialista de comparecencia do Sr. Alcalde.
12. Comparecencia do concelleiro Don Xan Duro Fernández, acordada na sesión plenaria ordinaria do día 15 de decembro de 2016.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da pianista ruso-alemá Olga Scheps, dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage.

20.30 h
No Teatro Principal, eme2 presenta Get Back, de Diego Ameixeiras e con dirección de Jorge Coira, dentro do ciclo Teatro & Danza da Concellaría de Acción Cultural. Con Alfonso Agra, Tamara Canosa, Mercedes Castro, Miguel Guido e Federico Pérez.

Compartir: