Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de xaneiro

9.30 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á presentación da exposición "Visiones. Historias de superación personal", organizada pola Fundación Grupo Sifu.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Piero Lombardi. Participan os bailaríns e bailarinas do Espazo de Danza da USC e ten como narrador-actor a Carlos Hermida.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
En FITUR (Madrid), a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na presentación que Turismo de Santiago e Lufthansa farán das novas conexións da aerolínea xermana dende Santiago.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, para presentar a proposta do Pacto Local pola Mobilidade.

20.00 h
No local social de Vista Alegre, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, reúnese coa veciñanza do barrio.

Compartir: