Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de xaneiro

11.00 h
Na parada de autobuses da rúa Pastoriza (fronte á igrexa), a concelleira María Rozas sube ao bus urbano da liña 1, onde os actores e actrices de "Get Back" representarán un fragmento da obra, que estará no Teatro Principal do xoves 19 ao sábado 21. A continuación, ás 11:25 h (aprox.), na Cafetería El Muelle (rúa da Senra, 6) participa na ROLDA DE PRENSA para presentar a obra.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Alameda, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa na ROLDA DE PRENSA para presentar a exposición H2Oh. Os segredos da auga na túa cidade, organizada pola Obra social "la Caixa", Viaqua e o Concello de Santiago. Na rolda tamén estarán o director da área de negocio de CaixaBank en Santiago, Antonio Lema, e o xerente de Viaqua en Galicia, Julio Masid. Ás 13.00 h, acudirán á inauguración da exposición.

18.00h
Na Consellería de Educación, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

Compartir: