Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de xaneiro

11.00 h
No Palacio de La Zarzuela (Madrid), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na audiencia de Felipe VI aos alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Residencia de Maiores Volta do Castro, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

13.30 h
Na Casa do Concello, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, reúnese cos novos membros da Real Academia Galega de Lingua Portuguesa, Irene Neto e Gilva de Oliveira.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, o concelleiro Jorge Duarte asiste ao acto de ingreso de David Suárez Quintanilla como académico de número da Academia de Ciencias Odontolóxicas.

20.30 e 22:30 h
No Teatro Principal, Menú da Noite con Carlos Blanco e Luis Davila, dentro do ciclo Teatro&Danza da Concellaría de Acción Cultural.

Compartir: