Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 31 de xullo

9.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén unha xuntanza coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Na sede da Consellería, Edificio Administrativo San Caetano. (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
Na praza da Quintana (Café Literarios), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do festival Feito a Man 2019. Na rolda tamén estarán Ánxeles Porto, da Asociación Cultural Cidade Vella; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; e Guillermo Fernández, de Estrella Galicia.

11.30 h
Na praza 8 de Marzo, a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, visita os nenos e nenas que participan no programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: