Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 30 de xullo

13.00 h
Día de Padrón en Santiago
13.00 h Encontro das corporacións diante dos soportais de Raxoi.
13.10 h Intervención dos alcaldes de Padrón e Santiago no Salón Nobre.
13.20 h Saída aos balcóns para presenciar as actuacións das bandas de música.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a asociación Santiago Centro

20.00 h
No Parque de Galeras, concerto de Cool Sounds + Lachlan Denton, co que se pecha esta edición de TerraZeando. Ciclo de Concertos ao Fresco, organizado por Desconcerto Cultural.

Compartir: