Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Nononeyra, para presentar a guía "Micropatrimonio de Compostela. Escultura contemporánea". Asiste o responsable do proxecto, Fran Peleteiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, Mesa redonda "Sufrajitsu. A autodefensa na historia do movemento feminista", organizada no marco do 8M, Día Internacional das Mulleres.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia e o pianista Nicolas Angelich.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Parafraseando a Schumann", concerto da Real Filharmonía de Galicia con Nicolas Angelich dentro do programa de Abono e do Ciclo de Piano Ángel Brage. Dirixidos por Paul Daniel.

Compartir: