Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de marzo

11.00 h
No Teatro Principal, o concelleiro Gonzalo Muíños asiste ao acto de presentación da Plataforma para a Creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela.

11.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do Premio Xohana Torres.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Plataforma de Galeras.

Compartir: