Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 6 de marzo

10.00 h
No Centro Abanca Obra Social (Praza de Cervantes), a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asiste á inauguración da exposición "Eu, muller. Ti, cómplice. Elas, loitadoras", organizada por Fademga.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Noa Díaz, para presentar o IV MUFEST. Festival de Cine feito por Mulleres. Na rolda estarán Sara Doval e Nanina Santos, membros de Andaina de Mulleres, asociación cultural promotora do evento.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No paseo dos leóns, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto de homenaxe ao escritor Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Granell.

12.15 h
No Salón Nobre, recepción a un grupo de estudantes do Colégio do Ave de Guimarães e do Colexio Manuel Peleteiro no marco do programa de intercambio SAW (School At Work International).

18.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto inaugural do Encontro Mundial de Confrarías do Apóstolo e Asociacións do Camiño de Santiago.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Sabre Producciones, Pentación Espectáculos e Tal Cual e AGM, presentan ‘Señora de rojo sobre fondo gris’, dentro de ‘Á Escena! Temporada de Artes Escénicas 2020’ de Compostela Cultura. Dirixida por José Sámano, con autoría de Miguel Delibes e interpretación de José Sacristán. Entradas esgotadas.

20.30 h
Artellando feminismo
Na Sala Riquela, concerto de Bia Ferreira, dentro do programa de actos da Concellería de Igualdade con motivo do 8M.

20.00 h
No CGAC, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da exposición "Museo (do Ermitán) Man", no que se expoñen imaxes do legado que deixou o coñecido como Man de Camelle.

Compartir: