Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de marzo

12.00 h
Nas instalacións centrais de La Voz de Galicia (avda. da Prensa, 84-85. Polígono de Sabón), o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, acompañado do xerente de Tussa, José Ramón Mosquera, asiste ao encontro "As precursoras", organizado por La Voz de Galicia, e no que se presentará unha reedición do libro de Rosalía de Castro "Follas novas", que se repartirá entre os usuarios do transporte público de Santiago.

13.00 h
No Ministerio de Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes. Ás 17.00 h, no Ministerio de Industria, reunión coa ministra de Industria, Reyes Maroto. Previamente, xuntanza coa subsecretaria de Facenda, María del Pilar Paneque.
ENVIAREMOS NOTA e FOTOS

18.30 h
Na sede da SGAE (rúa das Salvadas, 2), a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á inauguración da exposición "Desenfoque climático, o cambio a través dos elementos naturais".

19.30 h
Na Casa Xohana Torres, a concelleira de Políticas Sociais, Noa Díaz, modera a mesa redonda "Acceso das mulleres á vida pública", na que participan Cristina López, Clara R. Cordeiro e Antía Yáñez, dentro do programa Artellando Feminismo organizado pola Concellería de Igualdade con motivo do Día Internacional da Muller.

20.30 h
No Teatro Principal, CAN CUN QUINQUÉ, presenta a Estrea Absoluta de "Spotlight", dentro de Á Escena! Temporada de Artes Escénicas 2020, de Compostela Cultura. Dirixida por Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez e interpretada por Clara Ferrao, Ignacio García, Isabel Sánchez, Leodán Rodríguez. #POSFUNCION: ao remate do espectáculo.

21.45 h
No IES Xelmírez I, a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, asiste á clausura das "Xornadas Calviño 2020. Experiencias na normalización e dinamización do galego".

Compartir: