Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de marzo

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS.

10.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez.

11.30 h
No recinto feiral de Amio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o parque infantil de tráfico.

20.00 h
No Café Casino, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación do libro "Eu son Carolina", baseado na vida de La Bella Otero. Asiste tamén o autor, Javier Carballo.

Compartir: