Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de novembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18.00 h
No Pazo de Congresos, foro Talentia Summit’20.
Inicio do acto e benvida do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
Ponencias:
- Juan Carlos Alcaide: experto en experiencia de cliente na era do Coronavirus: "A actitude adecuada para superar a incerteza"
- María José Alonso Fernández: catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago e adscrita ao CiMUS: "Misión C19: a ciencia ao servizo dunha vacina"
- Joaquín (Kin) Martínez Silva: festival "O Son do Camiño" - codirector e socio fundador en Esmerarte Industrias Creativas, presidente de ESmúsica, Federación da Música en España: "O cambio de paradigma do sector cultural"
- Alberto Rodríguez Boo: fundador e managing director de Alda Hotels, a cadea hoteleira que máis crece de toda España: "O renacer do sector turístico".
- Margarita Álvarez P de Zabalza: fundadora de Working for Happiness #Forbes 50 List. Chief Marketing Communication Officer de Grupo Adecco (2011-2018), presidenta Instituto Coca-Cola da Felicidade (2005-2009): "Deconstruíndo a felicidade en tempos de incerteza"
19.30 h
Clausura a cargo do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que participa telematicamente.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Macbeth. O ruido e a furia’ con Estudo Momento. ‘Á escena! Temporada de Artes Escénicas 2020’ de Compostela Cultura.

21.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, clausura a XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, onde recollerá o premio pola iniciativa Smartiago.

Compartir: