Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de novembro

16.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes á sesión ordinaria do 29 de outubro e extraordinarias do 9 e 17 de novembro, todas deste ano.
2.- Aprobación do Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES) do Concello de Santiago, financiado en base a orde do 5 de maio de 2020, para entidades locais asinantes do pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable.
3.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta para axilizar as axudas ao sector cultural a impulsar unha convocatoria de proxectos para a contratación directa no ano 2021.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta para aprobar un plano municipal de construción de espazos sociocomunitarios cubertos nos barrios e parroquias de Santiago.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para actualizar a ordenanza xeral de circulación e uso da vía pública para favorecer o uso de bicicletas.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a prevención do suicidio, terceira causa de mortalidade de mulleres en Compostela.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para incluír na modificación do PXOM en trámite unha mellor garantía do uso residencial.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para urxir ao goberno do estado o inicio da construción da nova estación ferroviaria dentro da intermodal.
9.- Dar conta de reparos efectuados pola intervención municipal a diversos acordos.
10.- Dar conta do estado de execución do orzamento correspondente ao terceiro trimestre do corrente ano.
11.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
12.- Rogos, preguntas e interpelacións.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Macbeth. O ruido e a furia’ con Estudo Momento. Dentro da programación de ‘Á escena! Temporada de Artes Escénicas 2020’ de Compostela Cultura.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Paxaros e orquestra’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con Matthieu Arama, violín.
NOTA: Será posible seguir o concerto por streaming no Youtube e Facebook da Real Filharmonía de Galicia.

Compartir: