Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de novembro

9.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na inauguración telemática da Maker Faire Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe os investigadores Felipe Criado-Boado e Diego Peña.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do premio Cineuropa a Margarita Ledo. A continuación, proxección de ‘Nacion’.

34ª edición de Cineuropa
En varios espazos da cidade. Consultar programación en cineuropa.gal

Compartir: