Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de novembro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da inclusión dos puntos números 3 e 4 na orde do día, para ser tratados na sesión.
2.- Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación puntual do título III do PXOM. Regulación de usos.
3.- Aprobación de expediente de modificación de crédito mediante crédito extraordinario, núm. 2020-CREXT-15, financiado con baixas por anulación.
4. Aprobación de expediente de crédito extraordinario, núm. 2020-CREXT-16, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

34ª edición de Cineuropa
En varios espazos da cidade. Consultar programación en cineuropa.gal

Compartir: