Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de xaneiro

11.00 h
Na rúa Tras do Pilar, 1, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á visita á escola infantil de Santa Susana, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller e a nena asasinadas onte en Esplugas de Llobregat (provincia de Barcelona), vítimas de violencia machista.

NOTA: subirase á web municipal o resumo dos asuntos da Xunta de Goberno Local.

Compartir: