Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois e do coportavoz do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, para presentar as emendas aos orzamentos da Xunta relacionadas con Santiago.

11.30 h
No Salón Nobre, recepción ás participantes no Proxecto EURO- FEM - "First International Focus Group. Fortalecendo a sociedade civil e as redes de mulleres emprendedoras realizando intercambio de experiencias".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, e do vogal da Cámara de Comercio Xavier Freire Chico, para presentar a convocatoria da XX edición dos Premios Manuel Beiras.

16.30 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, manteñen un encontro. (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota).

17.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asiste á presentación da participación no Dakar 2020 do equipo Galimplant Sport.
(Nota: poderán verse na praza os vehículos cos que participarán na carreira).

18.00 h
No CSC da Rocha, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "A Compostela de Don Antonio Fraguas".

19.00 h
No Hotel San Francisco, a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, participa na inauguración do 32 Congreso da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo.

19.00 h
Na Sala Refectori do Concello de Ibiza/Eivissa, o concelleiro de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, asiste ao acto de entrega do Premio Patrimonio 2019 a Paradores de Turismo. Con este premio as Cidades Patrimonio distinguen cada ano as persoas ou entidades que destacaron na conservación e posta en valor do patrimonio cultural español.

19.30 h
No Salón Nobre, recepción á Xunta Directiva de FADEMGA Plena inclusión e á Xunta Directiva da Confederación Plena inclusión, con motivo do 40º Aniversario de FADEMGA.

19.30 h
No Paraninfo da Facultade de Historia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do 175 aniversario do Colexio de Avogados de Santiago.

20.00 h
No Edificio CINC (Auditorio 2) da Cidade da Cultura, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asiste á entrega dos "Premios Galicia á Xestión Deportiva".

Compartir: