Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG Navia Rivas sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co delegado territorial de Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan, e o presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro.

17.30 h
Na sede da Real Federación Galega de Fútbol (Estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asisten ao acto de celebración do 110 aniversario da Federación.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao concerto de María de Medeiros & The Legendary Tigerman. O concerto forma parte do ciclo Cantactrices, un programa incluído no Proxecto Womarts.

Compartir: