Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de novembro

10:00 h.
No Pazo de Mariñán en Bergondo, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participa na "Mesa de traballo dos Camiños inglés e Fisterra-Muxía".

12.00 h
No Xardín das Pedras que Falan, anexo a Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participan na inauguración de dúas inscricións dedicadas ao poetas Adonis e José Ángel Valente. O acto contará coa presenza do propio poeta sirio Adonis, e do poeta Claudio Rodríguez Fer, en condición de director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC.

17:30 h
No Edificio CERSIA Empresa (rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n), o concelleiro de Educación, Rubén prol, asiste á entrega de premios do 4º Concurso de Fotografías pola Igualdade. No acto está prevista a actuación de Celso F. Sanmartín, que contará contos tradicionais.

20.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa no acto de inauguración da 36ª edición de Cineuropa seguido da proxeción do filme ‘Un beau matin / Unha bonita mañá’ de Mia Hansen-Løve.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Chévere presenta ‘Curva España’ dentro do programa de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: