Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para dar conta do fallo do xurado do premio SELIC 2022.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Sindo Guinarte, e do concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, para presentar o espectáculo pirotécnico do 3 de decembro con motivo da Asemblea anual da Asociación Española da Pirotecnia que acolle a cidade. Na rolda tamén estará Arturo Penide Aller, membro da asociación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, clausura o Foro Talentia 2022. O Foro contará coa actuación de Fredi Leis.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Inspiración’, concerto da Real Filharmonía de Galicia e o pianista Denis Kozukhin, dirixidos por Paul Daniel, dentro do ciclo de piano Ángel Brage e o programa de abono Auditorio de Galicia-RFG.

Compartir: