Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Javier Fernández sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición ‘40 anos de #estiloverino’.

20.00 h
Na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición ‘Utópicas. Arte e territorio’. No acto participan tamén a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; Clara Rodríguez Cordeiro, que forma parte de 7H Cooperativa Cultural, coordinadora do proxecto; e Yamini T. Prabhu, da equipa Corpos en resistencia.

Compartir: