Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 2 de novembro

09.00 h.
No Centro de Estudos Avanzados, o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, participará na V Reunión de ministras, ministros e altas autoridades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

10.30 h.
No edificio Fontán da Cidade da Cultura, a concelleira de Medio Ambiente e Políticas Sociais, Mila Castro, participará no acto celebrado co gallo do Día da Economía Social Galega.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presenta o festival de muralismo e intervencións urbanas Compostela Contemporánea 2022.

Compartir: