Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de novembro

09:30 h
Pleno extraordinario
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da sesión.
2. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00046829D.
Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2022-CREXT-16 por importe de 53.409,45 €, financiado con baixas por anulación, para aboamento de gastos de manutención e aloxamento de persoas refuxiadas ucraínas, como consecuencia da invasión rusa.
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00047431J.
Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2022-CREXT-17, por importe de 300.000,00€ para o outorgamento dunha subvención nominativa á empresa Sionlla Biotech, SL para a execución do Centro de Servizos Innovadores para empresas biotecnolóxicas, financiado con RLTGX 2021.

4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00048396N.
Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2022-CREXT-18 de importe 324.158,56 euros financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2021.

5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00048043G.
Aprobación do expediente de suplemento de crédito núm. 2022-SUPLE-08 por importe de 827.633,16 € para transporte urbano e metropolitano, financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do exercicio 2021.

11.00 h
Na praza do Toural, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Saúde, Mila Castro, visitan a carpa instalada pola Asociación Compostela de Diabetes (ACD) con motivo do Día Mundial da Diabetes que ten lugar o 14 de novembro.

18.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro coa Asociación de veciños do Viso.

20:00 h
Na Casa do Concello, recepción aos membros do padroado da rede Kaleidos coa que o Concello de Santiago organiza a xornada "Comunicar e implicar á cidadanía na Axenda 2030. Novas Narrativas e Linguaxes" que terá lugar o martes 15 de novembro na Casa das Asociacións de Cornes.

NOTA: Enviarase unha nota de prensa sobre os asuntos tratados na Xunta de Goberno local do luns, 14 de novembro

Compartir: