Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 10 de novembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentará o Talentia Summit 2022. Na rolda tamén estará o responsable do Departamento de Emprego do Concello, Javier Ferreiro.

12.00 h
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participa no evento virtual de presentación do Living Lab Smartway, enmarcado no proxecto xemelgo da iniciativa Smartiago.

18.00 h
No cruce da avenida de Lugo coa rúa dos Concheiros, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, inauguran a escultura homenaxe a Exeria. No acto tamén participarán Rosa Andión e Marisa Vidal, en representación da Asociación de Mulleres Cristiás Galegas, e a autora da peza, Soledad Pita.

Compartir: