Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 13 de marzo

10.30 h
Na Alameda (porta dos Leóns), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o photocall instalado dentro da campaña "Cambia o mood: activa o modo bosque".

11.00 h
Na praza do Obradoiro, presentación dos novos vehículos de Protección Civil e acto conmemorativo do XXV aniversario da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela. Asisten o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e o deputado responsable de Promoción Económica e Asistencia a Municipios da Deputación da Coruña, Blas García Piñeiro, entre outras autoridades.

20.00 h
No Teatro Principal, Diego Anido presenta ‘El alemán’, dentro de Viva a escena!, a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: