Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de xaneiro

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, reciben a Ruth Lorenzo Couso, bronce en kumite na Liga Nacional de Karate 2020; e a Estrella López Sheriff, bronce no campionato de iudo celebrado en Praga en novembro de 2020.

18.00 h
No Auditorio do Museo do Pobo Galego, o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación do libro "Andrade en Bonaval", de Juan Feáns. Tamén estará presente o autor, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González.

Compartir: