Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 25 de setembro

10.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a xuntanza da Comisión de seguimento do plan estratéxico de Ourives de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

15.00 h
Na praza do Obradoiro, recepción a un grupo de 10 mulleres da Asociación de mulleres mastectomizadas de Jerez (AMMA Jerez) que veñen de realizar o Camiño de Santiago.

19.00 h
No Paseo central do Parque da Alameda (diante da fonte, ao lado da Igrexa do Pilar), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro Coral de voces e soños, de Isabel Méndez.

Compartir: