Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de agosto

10.50 h
Acto de constitución da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia. Asistentes:
- Gumersindo Guinarte Cabada, alcalde en funcións do Concello de Santiago
- José M. Miñones Conde, alcalde do Concello de Ames.
- José Luis García García, alcalde do Concello de Brión.
- Teresa Villaverde Pais, alcaldesa do Concello de Lousame.
- Inés Monteagudo Romero, alcaldesa de Muros.
- Santiago Freire Abeijón, alcalde do Concello de Noia.
- Manuel González González, alcalde do Concello de Outes.
- Luis Oujo Pouso, alcalde do Concello de Porto do Son.
- Manuel dos Santos, tenente de alcalde do Concello de Rois.
Programa:
10.50 h: chegada dos alcaldes aos soportais do Pazo de Raxoi
10.55 h: foto na praza do Obradoiro
11.00 h: no Salón de Plenos, comezo da asemblea de constitución da asociación
12.00 h: declaracións aos medios

11.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Educación, Noa Díaz, recibe as mozas e mozos da cidade que participan no Campamento Urbano do Centro Don Bosco.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: