Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 22 de xullo

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, asinan o protocolo de actuación para o acondicionamento e mantemento dunha parcela na avenida de Xoán XXIII. GRÁFICOS. (Haberá declaracións aos medios ao remate. Enviarase audio).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar "Plataforma. Festival de artes performativas". Na rolda tamén estarán os directores, Mónica Maneiro, David Barro e Iñaki Martínez Antelo.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar Trad Fest, dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará o director de Agadic, Jacobo Sutil; Víctor Belho, de Nordesía, e unha integrante de Tanxugueiras.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: